mércores, 30 de setembro de 2020

Plans continxencia COVID-19 do CEIP Lope de Vega

 A continuación deixámosvos o enlace á documentación publicada na WEB do colexio relativa ao Plan de Continxencia COVID-19

VIDEOCONFERENCIAS CISCO-WEBEX

 Bo día familias:

temos á nosa disposición unha plataforma chamada CISCO WEBEX Meetings, proporcionada pola Consellería de Educación, para realizar videoconferencias co alumnado e familias.

A continuación deixámosvos a documentación e o videotitorial de instalación e funcionamento.

Trátase dunha ferramenta dispoñible na web e nos dispositivos móbiles.

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/servizos-dixitais/servizo-de-videoconferencia



ABALAR MOBIL para as familias

Como xa sabedes o noso centro conta cunha nova ferramenta de comunicación coas familias:  ABALAR MÓBIL. Ferramenta que nos facilita a Consellería de Educación.

A través dela recibiredes informacións dos titores/as dos vosos fillos/as, as cualificacións trimestrais e outras informacións institucionais.

É necesario que teñades a aplicación instalada nos móbiles. Trátase dunha aplicación gratuita.

A continuación deixámosvos toda a información necesaria e os videtitoriais de instalación e funcionamento.

Guía en pdf



domingo, 20 de setembro de 2020

Presentación do Blogue de 3º - Curso 2020-2021

Bos días nenos e nenas, e bos días familias!

Neste novo curso que comeza, estreamos blogue para o terceiro curso de primaria.

Pretendemos que sirva coma ferrementa educativa e sexa atractiva para o alumnado.