PÁXINAS

mércores, 10 de xuño de 2026

BENXAMÍN MÍGUEZ NOVOA

 Hoxe tivemos a sorte de recibir a visita de Benxamín Míguez Novoa . Durante o encontro explicounos algunhas técnicas para aprender a debuxar mellor e compartiu consellos moi útiles sobre a observación, a creatividade e a práctica.

Tamén nos fixo unha demostración en directo e puidemos ver como vai dando forma aos seus debuxos paso a paso. Foi unha actividade moi interesante e divertida, na que aprendemos moitas cousas e gozamos da súa experiencia como artista.

Moitas grazas, Benxamín, por compartir connosco o teu talento! 




martes, 9 de xuño de 2026

MUSEO PONTEVEDRA - CAMPOLAMEIRO

Nesta saída tivemos a oportunidade de viaxar ao pasado e descubrir unha parte moi importante da nosa historia. Primeiro visitamos o Museo de Pontevedra, onde coñecemos interesantes pezas arqueolóxicas, obras de arte e moitos aspectos da cultura galega. Despois achegámonos ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campolameiro, un espazo único no que puidemos observar de preto os petróglifos.


( Clica para ver o vídeo )