martes, 30 de xuño de 2026
mércores, 10 de xuño de 2026
BENXAMÍN MÍGUEZ NOVOA
Hoxe tivemos a sorte de recibir a visita de Benxamín Míguez Novoa . Durante o encontro explicounos algunhas técnicas para aprender a debuxar mellor e compartiu consellos moi útiles sobre a observación, a creatividade e a práctica.
Tamén nos fixo unha demostración en directo e puidemos ver como vai dando forma aos seus debuxos paso a paso. Foi unha actividade moi interesante e divertida, na que aprendemos moitas cousas e gozamos da súa experiencia como artista.
Moitas grazas, Benxamín, por compartir connosco o teu talento!
martes, 9 de xuño de 2026
MUSEO PONTEVEDRA - CAMPOLAMEIRO
![]() |
| ( Clica para ver o vídeo ) |
venres, 5 de xuño de 2026
xoves, 14 de maio de 2026
venres, 27 de marzo de 2026
Saída ao auditorio : "A miña tataravoa Maruxa"
Hoxe fomos ao auditorio do concello para ver a obra de teatro “A tataravoa Maruxa”, representada pola compañía Barafunda. Foi unha experiencia moi especial que nos permitiu gozar do teatro e aprender ao mesmo tempo.
Gustounos moito xa que fomos partícipes da historia. Ademais, a interacción fixo que a experiencia fose aínda máis divertida e dinámica.
Na obra “A miña tataravoa Maruxa”, Lola atopa un cofre no faiado. Dentro hai obxectos antigos que lle contan historias de mulleres moi importantes.De mulleres PIONEIRAS.
mércores, 25 de marzo de 2026
ENREGUÉIFATE
Parabéns ao alumnado de 6º que gañaron ENREGUÉIFATE á Regueifa máis diversa na categoría escolar con " Regueifa Universal "
venres, 20 de febreiro de 2026
OS MERDEIROS
🎭 Preparándonos para os Merdeiros
Xa preparamos os Merdeiros: facendo as caretas e ensaiando a canción.
Pouco a pouco vai collendo forma esta actividade chea de creatividade.
Seguimos traballando con ilusión! 🎶🎨
Chegou o día e tivemos o obradoiro cos merdeiros .
Seguimos practicando a canción para o día 27
venres, 6 de febreiro de 2026
luns, 2 de febreiro de 2026
BOTES CHEOS DE PAZ
Para celebrar o Día da Paz, o alumnado realizou a actividade “Botes pola Paz”. Cada clase creou o seu bote con mensaxes e bos desexos de amizade, respecto e solidariedade.
Con este traballo aprenderon que a paz constrúese cada día con pequenos xestos: axudar, compartir...
mércores, 21 de xaneiro de 2026
O ENTROIDO
xoves, 15 de xaneiro de 2026
PREPARANDO A PAZ
Xa están subidas as cancións da paz que temos que preparar. Podedes escoitalas, practicar as letras e ir colléndolles o ritmo pouco a pouco.
Animádevos a cantar con ganas e ilusión, porque coa música tamén aprendemos a convivir mellor e a construír paz. 🎵



















