PÁXINAS

Amosando publicacións coa etiqueta Lingua. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lingua. Amosar todas as publicacións

mércores, 10 de xuño de 2026

BENXAMÍN MÍGUEZ NOVOA

 Hoxe tivemos a sorte de recibir a visita de Benxamín Míguez Novoa . Durante o encontro explicounos algunhas técnicas para aprender a debuxar mellor e compartiu consellos moi útiles sobre a observación, a creatividade e a práctica.

Tamén nos fixo unha demostración en directo e puidemos ver como vai dando forma aos seus debuxos paso a paso. Foi unha actividade moi interesante e divertida, na que aprendemos moitas cousas e gozamos da súa experiencia como artista.

Moitas grazas, Benxamín, por compartir connosco o teu talento! 




venres, 27 de marzo de 2026

Saída ao auditorio : "A miña tataravoa Maruxa"

Hoxe fomos ao auditorio do concello para ver a obra de teatro “A tataravoa Maruxa”, representada pola compañía Barafunda. Foi unha experiencia moi especial que nos permitiu gozar do teatro e aprender ao mesmo tempo.

Gustounos moito xa que fomos partícipes da historia. Ademais, a interacción fixo que a experiencia fose aínda máis divertida e dinámica.

Na obra “A miña tataravoa Maruxa”, Lola atopa un cofre no faiado. Dentro hai obxectos antigos que lle contan historias de mulleres moi importantes.De mulleres PIONEIRAS.

mércores, 25 de marzo de 2026

ENREGUÉIFATE

Parabéns ao alumnado de 6º que gañaron ENREGUÉIFATE á Regueifa máis diversa na categoría escolar con " Regueifa Universal "

              

Infórmate nos enlaces de Lopedeblogue e en Enreguéifate


martes, 19 de marzo de 2024

VISITA DE MARÍA CANOSA

No cole tivemos a visita de María Canosa a autora de 



Muriel e o seu raposo Blim viven nun castelo que conta cun laboratorio para envasar leite. Atopan unha mensaxe enigmática e debe preparar unha receita de leite para alguén que viviu noutro tempo.....

María contounos moitas anécdotas do libro , contestou as nosas preguntas e asinou os nosos libros.



 




martes, 19 de setembro de 2023

luns, 9 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

Coñece un pouco máis ao autor das letras deste ano

 FLORENCIO DELGADO




En LOPEDEBLOGUE tes máis información clica na imaxe






luns, 4 de abril de 2022

VISITA DE LEDICIA COSTAS

Visitounos no colexio Ledicia Costas para falarnos da súa colección OS MINIMORTOS da que lemos  " Benvidos ao outro barrio "  " Escola de salvaxes "  e " Criando malvas ". Estes son os personaxes dos libros . Encantáronos.









luns, 14 de febreiro de 2022

DÍA MUNDIAL DA LINGUA MATERNA

 

O DÍA 21 DE FEBREIRO A UNESCO DECLARA O DÍA MUNDIAL DA LINGUA MATERNA

Escoita con atención. E ti que opinas do GALEGO


Queredes saber por qué Shinchan ,o noso amigo chinés, fala o galego. Escoitao  e saberás

domingo, 13 de febreiro de 2022

venres, 11 de febreiro de 2022

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA 2022

 Hoxe  11 de febreiro queremos celebrar que as mulleres e as nenas podemos chegar a calquer ámbito , ao das CIENCIAS tamén.


No seguinte enlace podedes redescubrir a científicas importantes polos seus descubrimentos.

( Clica na imaxe )



Investiga- xoga para saber máis




xoves, 28 de outubro de 2021

O SAMAÍN

 Entre unhas cousas e outras, xa temos o Samaín á porta, así que presentamos este xogo de preguntas sobre esta celebración milenaria, esta tradición que, como ben sabedes, estase recuperando na nosa terra dende hai xa anos. Esperamos que pasedes un bo rato con el, servirá para que coñezades canto sabedes sobre o Samaín e axudaravos a abrir a porta que conecta co mundo dos espíritos, pero tede moito ollo !! Hai espíritos bos, pero tamén malos … Premede sobre a imaxe da pantalla de inicio do xogo e abrirase nunha nova xanela para xogar. E para ambientarvos máis e mellor, activade o son !!