martes, 5 de maio de 2026
mércores, 15 de abril de 2026
SAÍDA AO CASTRO - GALERÍAS
Hoxe fomos á fortaleza do Castro . Durante a visita, percorremos os distintos recintos defensivos, onde puidemos coñecer mellor como se organizaba a defensa da cidade e a importancia estratéxica desta fortificación.
Un dos momentos máis chamativos foi o paso pola galería subterránea, un espazo cheo de historia e misterio.
En conxunto, foi unha actividade moi entretida, que nos achegou á historia de Vigo dun xeito diferente.
venres, 27 de marzo de 2026
Saída ao auditorio : "A miña tataravoa Maruxa"
Hoxe fomos ao auditorio do concello para ver a obra de teatro “A tataravoa Maruxa”, representada pola compañía Barafunda. Foi unha experiencia moi especial que nos permitiu gozar do teatro e aprender ao mesmo tempo.
Gustounos moito xa que fomos partícipes da historia. Ademais, a interacción fixo que a experiencia fose aínda máis divertida e dinámica.
Na obra “A miña tataravoa Maruxa”, Lola atopa un cofre no faiado. Dentro hai obxectos antigos que lle contan historias de mulleres moi importantes.De mulleres PIONEIRAS.
mércores, 25 de marzo de 2026
ENREGUÉIFATE
Parabéns ao alumnado de 6º que gañaron ENREGUÉIFATE á Regueifa máis diversa na categoría escolar con " Regueifa Universal "
venres, 20 de febreiro de 2026
OS MERDEIROS
🎭 Preparándonos para os Merdeiros
Xa preparamos os Merdeiros: facendo as caretas e ensaiando a canción.
Pouco a pouco vai collendo forma esta actividade chea de creatividade.
Seguimos traballando con ilusión! 🎶🎨
Chegou o día e tivemos o obradoiro cos merdeiros .
Seguimos practicando a canción para o día 27




