PÁXINAS

venres, 20 de febreiro de 2026

OS MERDEIROS

🎭 Preparándonos para os Merdeiros

Xa preparamos os Merdeiros: facendo as caretas e ensaiando a canción.

 Pouco a pouco vai collendo forma esta  actividade chea de creatividade. 

Seguimos traballando con ilusión! 🎶🎨



Chegou o día e tivemos o obradoiro cos merdeiros .


( Clica para ver o vídeo )




Seguimos practicando a canción para o día 27 



            

luns, 2 de febreiro de 2026

BOTES CHEOS DE PAZ

Para celebrar o Día da Paz, o alumnado realizou a actividade “Botes pola Paz”. Cada clase creou o seu bote con  mensaxes e bos desexos de amizade, respecto e solidariedade.

Con este traballo aprenderon que a paz constrúese cada día con pequenos xestos: axudar, compartir... 

 








mércores, 21 de xaneiro de 2026

O ENTROIDO

Aquí  tedes a letra e a música de “O polbo cociñeiro” para ir practicando. Escoitade, cantade e preparádevos para desfrutar do Entroido como se merece.

Imos con moitas ganas! 🎶🐙


( Clica para ver a letra )

 







xoves, 15 de xaneiro de 2026

PREPARANDO A PAZ

Xa están subidas  as cancións da paz que temos que preparar. Podedes escoitalas, practicar as letras e ir colléndolles o ritmo pouco a pouco.

Animádevos a cantar con ganas e ilusión, porque coa música tamén aprendemos a convivir mellor e a construír paz. 🎵